venres, 23 de xaneiro de 2015

ROSA CARAMELO

O pasado xoves 15 os nenos e nenas de 5 anos puideron gozar dunha actividade especial de coeducación organizada polo CIM (Centro de Información a Muller) do Concello de Arteixo. Cristina veu a contarnos o conto “Rosa Caramelo” e  a facer outras cousiñas.
Éste é un bo exemplo de cómo traballar valores e moitos outros temas a partires dun conto.
 
Rosa Caramelo esta escrito por Adela Turín e ilustrado por Nella Bosnia. A versión que Cristina leu, ao igual que a que temos na escola, é unha publicación recente da editora Kalandraka, pero o libro ten case 40 anos, pois foi publicado por primeira vez no 1976, o que o convirte nun clásico.


Rosa Caramelo nos fala dunha manda de elefantes na que as elefantas dende pequenas tiñan que permanecer nun valado apartadas, levar lazos e patucos rosas e comer determinadas flores para conseguir ter unha fermosa pel de cor rosa que as fixera desexables para o seu futuro casamento. Unha elefantiña non era quen de volverse rosa e seguía a ser cincenta, para desgusto dos seus pais....


Un conto perfecto para todos e todas as que consideramos o sexo non debería ser discriminatorio.

Podedes botarlle unha ollada a experiencia completa no blog da aula:


Ningún comentario:

Publicar un comentario