domingo, 17 de marzo de 2013

PRÉSTAMO DOMICILIARIO

Máis tarde do que esperábamos, iniciamos este venres o servizo de préstamo de libros da biblioteca escolar nas aulas 3 e 4. Na aula 5 o servizo leva funcionando dende o inicio do curso. O principal obxectivo desta actividade é o fomento do interese polo libro e por tanto pola lectura. Máis que a lectura literal do libro por parte do adulto, o importante é visualizalo en común nun momento relaxado, poder imaxinar o que dirá a historia, comentar os debuxos e que eles se decaten de que os seus pais, irmáns maiores, avós, etc poden "descifrar" o seu contido... é decir, crear o interese nos cativos e cativas pola lectura. En ningún caso se pretende que lean os nenos e nenas.
Vos pedimos tamén que os axudedes a comprender a importancia de respectar os materiais, coidalos e mantelos en bo estado.



Ante o deterioro que presentaban as bolsas das que dispoñíamos, decidimos crear unhas novas, así que este ano estrenamos unhas bolsas exclusivas da nosa escola. O debuxo de "Pataquiño", a mascota da biblioteca, é unha creación de varios alumnos e alumnas. Cada bolsa leva unha tarxetiña co nome do neno ou nena e un debuxo da ilustradora británica Zita Newcome atopado na web. As tarxetas teñen diferente cor segundo a aula á que pertence. Unha das tarefas de lectura que facemos é que aprendan a recoñecer o seu nome, e pouco a pouco ó longo dos tres cursos que están aquí, ós nomes dos demáis.



Ningún comentario:

Publicar un comentario