martes, 12 de febreiro de 2013

ENTROIDO 2013

Estamos en tempo de Entroido. No curriculo escolar está a celebración desta festa tradicional que tanto gusta os pequenos. Un ano máis pedimos as familias que enviaran as nenas e os nenos (que o desexaran) vestidos preferentemente aproveitando roupas ou complementos que tiveramos por casa, e dicir, de choqueiros de toda a vida. Se trata de divertirse sen gastar, algo tan preciso nos tempos que corren. Hai que dicir que vimos moita orixinalidade e colaboración que sempre alegran a vista e o corazón. Despois vendrían o pousado, o paseo polo barrio coa axuda das familias, o desfile de modelos ante os compañeiros, a merenda e o tempo de xogo. Unha mañá diferente.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario