luns, 7 de xaneiro de 2013

CONTOS DE RATIÑOS

Maña voltamos á escola e xa temos gañas de vernos as caras e contarnos todos os agasallos e experiencias vividas neste Nadal.
O último día do anterior trimestre recibimos a visita do Rato de Biblioteca Camifuco que viu de Lonxedetodo para contarnos 3 contos dos libros "Contos de Ratiños" e "Sopa de Rato" de Arnold Lobel, publicados ámbolos dous por Kalandraka editora. Camifuco nos fixo reír, escotar con atención, bailar...
Foi estupendo contar con David Pernas da compañía do Trinketrinke, con gran experiencia na súa profesión. David e Trinketrinke participan nas campañas de animación a lectura das bibliotecas municipais de A Coruña e as de Cambre tendo recibido numerosos galardóns pola súa tarefa.
Seguro que xa ollastedes algunhas imaxes no blog dos Pequechos. Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas máis.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free picture slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario