luns, 19 de novembro de 2012

O MAGOSTO

O pasado venres fixemos unha pequena celebración da tradicional festa galega do Magosto. Vos pedimos unha presa de castañas picadas e as levamos á panadería La Biscotte, na Maceira, que, pese os nosos intentos de pagarlle o seu traballo, nolas asou de balde. O noso agradecemento por elo.
Xuntamos ós nenos e ás nenas na aula de psicomotricidade para "traballar" a motricidade fina pelando cos seus dediños as castañas, xa asadas e aínda quentiñas. Despois cantamos todos xuntos "A Festa do Magosto" e metimos un par de castañas no petiño que fixemos nas aulas, especial para a ocasión, para levar para casa.
Dende a biblioteca salientamos un conto galego para ler nesta data: O apalpador e a castaña máxica de Xoan G. publicado por Biblos Clube de Lectores. En: http://www.apalpador.com/?page_id=237 tedes debuxos para colorear e outros recursos interesantes.

Fixemos un montaxe coas fotos do evento. Podedes ver as fotos, imprimilas ou baixalas ó voso ordenador premendo en SAVE (JUST THE PHOTOS) ou baixar a montaxe completa. Esperemos que vos guste!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow made with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario