venres, 23 de novembro de 2012

APERTAS



O xoves 15, veu Rocío, a nai de Oyanne da aula de 5 anos, a contarnos o conto “A noite das mudanzas" de OQO editora. Unha vez máis resultou moi rica a experiencia, que, ademais de finalizar cun traballo dos nenos relacionado co título do conto e un debuxo alusivo ó argumento do mesmo, tivo un engadido que nos emocionou a todos.
Rocío contounos que cando era ela nena, a súa avoa ía á feira, e ó voltar sempre lle traía un panos, uns caramelos, uns calcetíns... que ela disfrutaba durante un tempo. Cando o seu avó ía á feira, ao voltar ela facíalle a mesma pregunta: Avó que me trouxeches? E el contestáballe: Tróuxenche algo aquí gardado (poñéndose a man no corazón), que é un montón de cariño, e a ela iso gustáballe moito.
Rematamos a sesión dándonos unha grande aperta entre todos, e logo repetíndoo por parellas. Canto nos gustou darnos estes mimiños, que tan ben sentan sempre! Graciñas unha vez máis por vir a contarnos estas historias tan tenras que nos fan aprender tantas cousas.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario