venres, 26 de outubro de 2012

NOVAS, NOVAS, NOVAS

Benvidos de novo!!! Novas, novas, novas:
Xa casi pasan dous meses do inicio do curso e na Biblioteca estivemos a traballar en proxectos e na xestión técnica.
Estamos encantadas porque temos recibido unha importante axuda institucional para continuar a renovación dos fondos, móbeis e equipos informáticos da Biblio. Esta axuda nola concederon en recoñecemento da labor de toda a comunidade educativa nos cursos pasados e para que continuemos nesa liña. Todos temos que felicitarnos: Nenos e nenas, Profes e Familias. O que é bo para a escola é bo para os nenos e as nenas que a viven.
O servizo de préstamo domiciliario xa comenzou na aula 5, e en breve o fará en 3 e 4. Xa vos avisaremos cando teñamos todo preparado.
Celebración do Samaín: Como vedes, xa estamos coa decoración do Samaín e temos unha exposición no corredor con libros da Biblioteca relacionados coa data para poder usar nas aulas. O vindeiro mércores faremos diversas actividades conxuntas toda escola para as que nos estamos preparando. Non faltará a sesión contacontos.


Vos deixamos un enlace á páxina da biblioteca do CEIP de Sada e os Seus Contornos que explica o porqué desta celebración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario