venres, 22 de xuño de 2012

PROTAGONISTAS

O curso está a piques de rematar e nos centros facemos avaliacións, memorias, informes....
Unha experiencia que nos gustou moito foi a de "Protagonista da Semana". Realizouse en 4 e 5 anos con gran éxito. Na aula 4 Beti invitou ás familias para compartir un par de horas de clase e a contar cousas relacionadas co neno ou nena. Vimos de todo: como facer pasteis, como xogar con papeis de xornal, globoflexia, papiroflexia, xoguetes favoritos, etc. Pero sobre todo nos contaron contos, moitos contos. Co material recopilado de cada neno, incluída a visita do seu familiar, confeccionouse un libro completamente persoal. A medida que avanzou o curso foron completándose libros e os nenos e as nenas tiñan mais ganas de recordar eses momentos. Resultou unha experiencia fantástica para as cativas e os cativos, para a escola e creemos que para os familiares que acudiron tamén. Non hai máis que ver as caras dalgúns nenos nas fotos. Estamos moi agradecidas a todos. Todos teñen mérito porque se esforzaron en preparar a súa visita  e sabemos que algúns cambiaron turnos ou pediron permiso no seu traballo para poder vir. No "slideshow" que incluimos nesta entrada temos unha foto de cada experiencia e algunha dos nenos na aula. Moitas gracias a todos e todas.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design created with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario