venres, 16 de marzo de 2012

AS VELLAS E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe vos imos contar unha secuencia de traballo na aula a partires dun conto. Neste caso falamos da aula de 4 anos e o conto e "A casa da Mosca Chosca" da Ed. Kalandraka que atesoramos na Biblioteca.


Primeiro se amosa o conto físico e se fan preguntas sobre que nos suxire a portada do seu posible contido. A continuación a titora conta o conto. Logo se pode facer unha pequena reflexión sobre o lido e pasar a facer diversas actividades. Neste caso os nenos teñen dramatizado a historia dentro da aula, representando os diversos personaxes e situacións. Na Pizarra Dixital traballamos un paquete de actividades en formato LIM. O EDILIM é un programa educativo gratuito que calquera pode descargar da rede para elaborar materiais educativos. No noso caso eleximos o traballo que fixo a compañeira Teresa Hernández do CEIP de Aguiño e que puxo desinteresadamente na rede para compartir. O podedes ver e baixar aquí: 
Despois facemos traballo de mesa recortando e identificando os nomes dos animais protagonistas. Este tipo de actividades se fan ó longo dun periodo de tempo, así que continuará....

Ningún comentario:

Publicar un comentario