venres, 18 de novembro de 2011

O CALZADO É A ESCRITURA


O ensino na Educación infantil é globalizado, e dicir, as sesións de traballo normalmente non se compartimentan en “asignaturas”, o máis normal é que  se  mesturen actividades onde se ven aspectos de lingua, lóxica- matemática, plástica e incluso o que algúns chaman educación física  ou ximnasia pero que en realidade é  PSICOMOTRICIDADE. A psicomotricidade como o seu nome indica refírese a relación entre a mente e o movemento.  Básicamente na escola o que se pretende neste campo é que os nenos e as nenas sexan capaces de entender, empregar e expresar conceptos espaciais e temporais, sexan  capaces  de relacionarse cos demais a través do xogo, e moi especialmente que teñan un bo coñecemento do propio corpo sabendo as súas partes principais e coordinando os seus movementos axeitadamente ó que require a situación.
Nesta última parte entran o calzado e a escritura.

A adquisición da escritura é un proceso longo. Para poder escribir correctamente unha persoa debe ter unha boa psicomotricidade fina, é dicir, ten que saber mover ben a man, os dedos, o pulso e o brazo. Tamén se necesita unha boa coordinación óculo-manual o que significa que o que vemos e queremos facer se corresponde co que estamos a facer coa man.

Cando os nenos e as nenas de 2-3 anos entran na escola moitos son prácticamente bebés. O primeiro que facemos é empezar a traballar a psicomotricidade fina coa plastilina , quitando e poñendo roupa, cos botóns dos mandilóns e na aula de psicomotricidade quitándose e poñéndose o calzado solos. Calzado de velcro ou similar, claro, nada de cordóns. Con un pouco de colaboración familiar pronto comezan a ser autónomos. Entón sabemos que estamos no bo camiño (que nos levará un par de anos).

Ningún comentario:

Publicar un comentario