luns, 28 de novembro de 2011

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ARTEIXO E A ESCOLA

As Bibliotecas Públicas son unha garantía  para a igualdade de oportunidades no desenvolvemento das aprendizaxes culturais dos individuos dunha comunidade ou país. Moitos dos que temos estudios superiores en España lles debemos moito a esas bibliotecas, xa que é probable que sen elas non houberamos podido acceder a textos e materiais necesarios para as nosas carreiras universitarias, nin ler a moitos autores que conformaron os nosos coñecementos e a nosa personalidade.
Hoxe en día hai moitas Bibliotecas Públicas, como as Municipais de Arteixo, que ademais de prestar libros realizan moitas outras actividades entre as que destacan os contacontos e  a posibilidade de acceso a internet. As actividades das B.M. son periódicas, gratuítas e estimulantes para os nenos e nenas.
Seguindo a súa liña de servizo, a B. M. de Arteixo presta ás escolas que os solicitan lotes de materiais dos seus fondos. Nós colocamos ós fermosos libros que collemos alí nos andeis da entrada.
Logo dende as aulas se van elixindo os que se queren ler en función dos temas que se tratan nas clases ou polo pracer dunha boa lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario