martes, 18 de outubro de 2011

Mamá nos conta un conto



As nenas e os nenos da aula de 4 anos tamén participan do proxecto de Protagonista da Semana. Darío estrenou o turno. Dentro das actividades programadas, a titora Beti invitou a súa nai, Marta, a visitar a clase e preparar algunha cousiña que lles contar.

Marta nos contou un dos libros favoritos de Darío: Blip conoce a Pip.
Despois quedou un ratiño máis participando nun xogo. A continuación tivo a ocasión de ver como se comenza a traballar a lectoescritura a partires dos nomes dos nenos e nenas. Aproveitamos o seu nome para recoñecer e discriminar a letra A, e logo buscamos esa letra nos demáis nomes da aula.
Agradecemos a Marta a súa presenza na escola e o seu consentimento para saír nesta foto. Sospeitamos que Darío foi o que máis disfrutou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario