luns, 31 de outubro de 2011

E TÍ DE QUE TES MEDO?

Aproveitando o Samaín, mergullámonos na biblioteca a buscar os libros que falan de medos. É unha ocasión estupenda porque todo o mundo ten medo de algo, pero é importante ver como nos enfrentamos os nosos temores.
Así que fixemos unha exposición no corredor con títulos como:
  • Fiz, o coleccionista de medos.
  • Corre, corre cabaciña.
  • Os tres porquiños.
  • Carapuchiña vermella.
  • Juan Sinmiedo.
  • Unha pantasma con asma.
  • Onde viven os monstros.
  • Iago ten un pesadelo.
  • Os bolechas teñen medo.
  • O Papón.
  • Un problema grande, etc
Como vedes hai dende clásicos de toda a vida ata libros recén saídos das imaxinacións dos seus autores.
As titoras e os nenos e as nenas estiveron collendo exemplares da exposición para ler nas aulas e comentalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario