venres, 30 de setembro de 2011

A protagonista da semana

Na aula de 5 anos este ano empezouse co proxecto de protagonista da semana. Como o seu nome indica cada semana un neno ou unha nena será a "estrela" da clase e todos aprenderemos moitas cousas da súa vida. Este proxecto pretende fomentar a expresión oral e escrita, a autoestima, o esquema corporal, a socialización, etc.


Esta semana a protagonista é Lydia. Ela e a súa familia traballaron moitísimo para ensinarnos moitas cousas moi interesantes sobre ela, os seus seres queridos, os seus animais, o traballo de papá e mamá, etc. Trouxeron unha bolsa chea de obxectos e dous posteres de fotos que Lydia nos explicou con moito entusiasmo. Agora todo ese material está exposto na aula.


 Ademais tivemos unha sorpresa moi doce. Maricarmen, a nai de Lydia, preparou uns pasteliños de chocolate que estaban boísimos. Non quedaron nin as migallas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario