martes, 21 de xuño de 2011

A LECTURA NA AULA DE 3 ANOS

Na aula de tres anos, dedicamos un tempo diario para a lectura autónoma. Para iso foi importante ter un espacio dentro da aula onde colocar os contos, decorado con fotos de persoas de diferentes idades que están lendo.

Iso de ler sós ó comezo custábanos, pois todos queríamos coller o mesmo conto. Pero, pouco a pouco, fomos descubrindo que os contos podémolos compartir e que iso resulta divertido…Así mentras uns  lemos soíños, outros lemos por parellas ou tríos. Dá gusto vernos!!!!

Tamén, en moitas ocasións xogabamos, e aínda o facemos , a imitar ás profes cando nos contan contos, colocándoo do revés…como se tivéramos un público!!!

O mellor de todo isto, é que cada vez nos gustan máis os libros, aprendemos a disfrutar deles, a coidalos, e podémosvos asegurar que cando hai un conto novo, a nosa atención está asegurada!!!!

O préstamo de contos a casa (os venres), veu dar o empurrón definitivo,…canto nos gusta levar a nosa bolsiña!!!! E xa a altura do martes estamos preguntando cando a levamos. Que maiores somos!!!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario