venres, 8 de abril de 2011

VISITA Á BIBLIOTECA DO FROXEL

Co gallo do mes do libro, e concretamente, do día internacional do libro infantil que se celebra o 2 de Abril, o concello invitou a toda a escola a asistir a unha actividade de animación a lectura na Biblioteca do Froxel. O mércores 6 acudimos a cita en dous grupos. Rosa, a bibliotecaria,  recibiunos cun gran sorriso e acompañounos ata a sala.
"¡Booo!", "Un culete independiente" e “Nenos valentes” son os contos cos que Iván nos tivo engaiolados. A continuación pintamos entre todos un antiface para levar á escola e aínda tivemos tempo para botarlle un ollo a algúns dos títulos da biblioteca.
Vos animamos a que levedes os vosos fillos e fillas ás actividades de contacontos que ofrecen as bibliotecas municipais de Arteixo de balde. Todos sabemos que se aprende mellor o que se desexa aprender. Ás actividades de animación á lectura facilitan que os cativos se sintan máis motivados a querer descifrar eles mesmos os contos que se lles contan.


Ningún comentario:

Publicar un comentario