venres, 25 de marzo de 2011

OS TRASNOS NA NOSA BIBLIOTECA


Na literatura popular en xeral, e na infantil en particular, é moi común atopar historias nas que saen seres fantásticos coma os trasnos, as fadas, os ananos e similares. Co gallo do noso disfrace de Entroido estivemos mergullando na nosa biblioteca a ver que atopábamos e sacamos algúns títulos que puxemos nunha exposición. De aí os nenos e nenas escolleron libros para ler nas aulas. Hai un pouco de todo: clásicos coma "O zapateiro e os trasnos", "O anano saltareiro" ou "Brancaneves e os sete ananos",  libros para a aprendizaxe da lectoescritura como "Los duendes Dindón e Daniela" o "Bronte, el duende de los dos dientes", libros para o fomento da igualdade como "Furacazolos e Botaborrallas", a coleción de "las duendelinas",etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario