venres, 25 de febreiro de 2011

VISITA DE GALÁN E TVG

No pasado mes de decembro recibimos a visita duns nenos e nenas do CEIP de Galán que viñeron a contarnos varios contos. Esta actividade enmárcase no Proxecto de Fomento do Galego da escola. Foi unha moi boa experiencia tanto para nós como para eles. Á Televisión de Galicia pareceulle tamén unha actividade interesante e decidiu vir a gravala. Moitos xa vistes o programa BEN FALADO que se emitiu o día 4 deste mes de Febreiro. Por se o perdestes ou queredes voltar a velo aquí tedes o enlace:


Buscade en gravacións: CEIP Galán- Arteixo 04/02/2011.

Ademais esta semana saíron varios días os nosos cativos respostando na seción  Ves como sabes? do programa. Non o perdades!

2 comentarios:

  1. Hola,profesoras de colexio de Villarrodis, paréceme unha idea estupenda este blog, porque ademais de poder ver cousas que fan os nosos nenos, é unha maneira de facervos chellar suxerencias que algún dos pais poidamos ter, ademais e de recoñecer o traballo que isto pode dar a maiores do que xa tedes vos como mestras dos nenos. ¡OLE POR VOS!

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polas túas palabras. A idea é esa, que este blog sirva para facilitar a comunicación mutua. Encantadas de recibir suxerencias.

    ResponderEliminar